
MONDRA
2025

09-10/05 | ESTREA DE RONDA (COMPOSTELA) 21:30h Sala Capitol |
24/05 | HÓRREO VIVO (ARAÑO) 23:00h Campo da Carballeira |
22/06 | FERIAS Y FIESTAS DE SAN PEDRO (ZAMORA) 23:00h Plaza Mayor |
27/06 | MUNDIAL MULTISPORT (PONTEVEDRA) 22:00h Praza de España |
28/06 | FISTERRA EXPERIENCE (FISTERRA) 22:30h Escenario Fisterra (R/ da Foliada) |
12/07 | FOLK DE RAÍZ (CALLOBRE, A ESTRADA) |
19/07 | +MÚSICA (TOMIÑO) 22:30h Praza do Seixo |
08/08 | BERTAMIRÁNS – AMES |
24/08 | FERROL |
29-31/08 | FESTIVAL DE LA LUZ (BOIMORTO) |
01/09 | FESTAS DO CRISTO DO CONSOLO (CANGAS) |
31/10-01/11 | O CASTAÑAZO (CHANTADA) |



MONDRA
Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país.
Co seu álbum debut, titulado ARDĒN (Altafonte Music Spain, 2023), acada o recoñecemento unánime de público e crítica, xunto a outros galardóns, como o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024, ou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por MARIMONDRA.
Sobre os palcos, Mondra ten realizado ata a data máis de oitenta concertos dentro e fóra da xeografía galega coa súa FOLĪA das ARDENTES, aclamada polo público.
Neste mes de maio de 2025 Mondra vén de lanzar o seu segundo traballo discográfico, DE RONDA, un álbum persoal e irreverente, “para seducir ou ser seducido”, presenta un novo son, orgánico e fresco da man de Hevi, responsable da produción (Laboratorio Soyuz).
